Aliteraclara | Escola galega de escrita creativa


Aliteraclara.com, escola galega on-line de escrita creativa, nace da demanda das numerosas persoas que senten a necesidade de escribir e de aprender e que, por motivos laborais ou xeográficos, non teñen posibilidade de asistir ás clases. Está pensada para mulleres e homes que precisan da escrita para realizarse, que necesitan dunha man que os acompañe nos primeiros pasos e lles dea azos para desenvolverse na literatura. Aliteraclara.com ofrece ao alumnado un gran abano de posibilidades e recursos para lanzarse a escribir, pero tamén achega as novidades literarias, as convocatorias de concursos e o mundo editorial.

Clara do Roxo é a directora da escola. Escritora, profesora e narradora, imparte obradoiros de escrita creativa dende 2013. A súa maior motivación, e a dos escritores e escritoras que a acompañan neste proxecto é transmitir aos alumnos a súa paixón pola escrita. Aliteraclara.com conta no seu inicio coa poeta María Lado, os escritores Antonio Manuel Fraga, Xabier López, Ángel de la Cruz, Eva Ferreira, Antía Yáñez, Vanessa Glemsel, Eli Ríos e a propia Clara do Roxo como profesores, e ofrece obradoiros de poesía, novela e relato. Para pechar o círculo, nun intento de achegar aos autores e autoras á publicación ou aos certames literarios, a escola pon ao seu dispor un servicio de valoración e corrección de orixinais, a cargo dos escritores Amadeo Cobas e Manuel Sánchez Gálvez.

Clara do Roxo


Clara do Roxo é escritora, profesora de escritura creativa e narradora. É  autora de varias novel...

María Lado


María Lado naceu o 14 de abril de 1979. Comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario d...

Antonio Manuel Fraga


Antonio Manuel Fraga é un escritor galego nado en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976. Estudou Enxeña...

Xabier López López


Nado en San Cidre, Bergondo en 1974. Narrador con case unha vintena de títulos publicados (nun perc...

Ángel De la Cruz


Director, guionista e produtor. Ten participado, entre outras producións, nas películas de animaci...

Eva Ferreira


Eva F. Ferreira (Ourense, 1978) é autora, directora e docente teatral. Titulada en Arte Dramátic...

Antía Yáñez


 Antía Yáñez Rguez, profesora e escritora. Publicou O misterio de Portomarín (2016) coa editori...

Vanessa Glemsel


Vanessa Glemsel (Castrelos 1987) Cursou estudos de Filoloxía Hispánica e máis tarde accedeu ao Gr...

Eli Ríos


Eli Ríos é unha escritora galega que ten publicadas obras de ensaio, poesía, narrativa infantoxuv...